Xa pode asistirse online e en aberto aos documentais que realizamos conxuntamente con Feitoría Verde e Illa Bufarda para o proxecto ‘Patrimonio do Xurés’! Aquí tes as ligazóns para o ‘Patrimonio Habitado‘ e para ‘De porta en porta‘.
Xa pode asistirse online e en aberto aos documentais que realizamos conxuntamente con Feitoría Verde e Illa Bufarda para o proxecto ‘Patrimonio do Xurés’! Aquí tes as ligazóns para o ‘Patrimonio Habitado‘ e para ‘De porta en porta‘.
Hoxe temos o pracer de dar comezo a un novo proxecto: Mapa Literario de Pontevedra, que realizamos por iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello De Pontevedra. Será un mapa, tanto en versión dixital como en papel, que nos vincule á cidade e ao resto do concello desde novas perspectivas e que olle para autores/as […]
O xoves 17 de novembro ás 18h30 o Museo do Pobo Galego organiza unha conversa con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei, gandeiras, e que será moderado por Lara Barros. MaOs participou contactando e entrevistando as gandeiras ademais de realizando o guión do encontro.
Os días 7 e 8 de outubro organizan o Concello de Manzaneda e o Proxecto Batefogo (do que forma parte MaOs) unhas xornadas para coñecer iniciativas que traballan por e para o rural. A asistencia é aberta e gratuíta. A charla do día 7 de outubro terá por título “Oportunidades para a valorización dos pastos con […]
No mes de setembro comezamos o proxecto Arrolos de Rianxo, promovido pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade e queten como misión recoller arrolos no concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas. Fagamos que vaian para a cama felices! O proxecto […]
Foro veciñal organizado polo Proxecto Batefogo para o Concello de Manzaneda o 21 de maio de 2016.
Os días 9, 14 e 15 de marzo realizaremos, en colaboración Opcions e MaOs Innovación Social, unhas Xornadas sobre comercio local e consumo responsable para a Concellaría de Economía Social e Emprego do Concello da Coruña. O obxectivo destas xornadas é promover a reflexión sobre o modelo de consumo actual e as alternativas existentes. Anímaste? Comezamos o día […]
Os días 5 e 6 de marzo organizamos con Feitoría Verde para o proxecto Patrimonio do Xurés unhas xornadas moi interesantes! Van do máis serio ao máis divertido! Por exemplo, ese mesmo día presentaremos e proxectaremos o documental “Patrimonio habitado” feito coas amigas da Illa Bufarda, ou escoitaremos a música ao vivo do grupo Kérkennai encanto merendamos ou xogamos á […]
O sábado 21 de febreiro, con motivo da 40ª Festa do Queixo de Arzúa coordinamos un encontro público coa participación de mulleres de diferentes xeracións con experiencia na elaboración de queixo. Por medio das súas narracións persoais e da súa experiencia, coñecemos mellor a vida das queixeiras de Arzúa de onte e de hoxe. Falamos con elas sobre a elaboración […]
MaOs coordina desde o mes de marzo a Feira Come Ourense, creada polo Concello de Ourense a través da súa iniciativa Come Ourense, co obxectivo de promover os produtos locais de alimentación, tanto frescos como elaborados. A feira é de carácter mensual e itinerante: cada mes realizarase nun espazo diferente do concello. A primeira feira terá lugar na […]