Quen somos

Maos Innovación Social somos unha empresa de economía social comprometida coa cultura de proximidade como medio de transformación social.

Zaira Caamaño Remuiñán

Historiadora da arte que aposta por transformar a sociedade a través da cultura.
zaira@maos.gal
623 301 160 | Linkedin

Nee Barros

Fernández

Xestor cultural coa diversidade como terra e a divulgación como semente.
nee@maos.gal
633 406 702 | Linktree



Xiana Iglesias Villaverde

Cociñeira comunicativa, con xornalismo,
artes gráficas e sen mandil.
xiana@maos.gal
694 401 505 | Linkedin

Óscar Senra

Gómez

Multiplataforma e multimodal
como o seu título en Ciencias Sociais.

oscar@maos.gal

694 474 166 | Linkedin

As nosas áreas de especialización son a xestión cultural, a comunicación, a edición e o deseño gráfico.

Facemos o que nos gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar.

En 2019 adherímonos ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia, estamos no Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela e no Catálogo de Entidades Mercado Social de Galicia. Somos tamén unha #GALEGOEMPRESA e temos o certificado de Nivel CATRO en Abertos ao Galego.

Desde 2023 dispomos dun “Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual, o acoso por razón de sexo e outras condutas contrarias á liberdade sexual e a integridade moral no ámbito laboral“, consúltao aquí.

En xaneiro de 2026 collemos o relevo do selo editorial Catro Ventos, co que abrimos unha nova e ilusionante etapa.

Formamos parte de