Etnografía

Desenvolvemos proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto.

Exemplos de proxectos:

A Memoria das Mulleres

A Memoria das Mulleres

Actividades relacionadas coa sección de Traballadoras, documentando a través do traballo de campo as historias das traballadoras do mar, da terra, do ámbito urbano e tamén das súas loitas.

Inventariado e posta en valor do patrimonio da RBTGX

Inventariado e posta en valor do patrimonio da RBTGX

Servizo para o estudo, análise, diagnostico, posta en valor e divulgación do PCI da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés

Arrolos de Rianxo

Arrolos de Rianxo

Recollida de arrolos no Concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas.

Ver máis traballos premendo aquí.

Xestión cultural

Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos.

Exemplos de proxectos:

Compostela Filmada

Compostela Filmada

Creación da guía cinematográfica de Santiago CompostelaFilmada.gal.

Paseos literarios e culturais

Paseos literarios e culturais

Deseño, guía e xestión de diversos paseos literarios e culturais.

Compostela Literaria

Compostela Literaria

Creación da guía literaria de Santiago CompostelaLiteraria.gal

Ver máis traballos premendo aquí.

Comunicación e produción de contidos

Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións. Por outro lado, como parte do noso compromiso coa lingua galega, contribuímos á divulgación de contidos non accesibles en galego a través dun servizo de tradución e corrección.

Exemplos de proxectos:

Festival Rosalía

Festival Rosalía

Deseño gráfico e a comunicación do Festival Rosalía da Deputación da Coruña.

Mitoloxía.gal

Mitoloxía.gal

Web con contidos divulgativos e pedagóxicos sobre a mitoloxía da provincia da Coruña.

Publicación 'A derrota do Scórpio'

Publicación ‘A derrota do Scórpio’

Publicación sobre Carvalho Calero e Compostela elaborada para o Concello de Santiago.

Ver máis traballos premendo aquí.