Festival Rosalía 2021

Un ano máis colaboramos no deseño e comunicación do #FestivalRosalía da Área de Cultura da Deputación da Coruña. Esta edición será online, mais… a pesar dos pesares, das restricións, borrascas e o que vier, #RosalíadeCastro ben merece perseverar! Máis información: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=8597&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web P.D. A xenial nova #SúperRosalía deste ano é, como sempre, obra da amiga, tamén […]

Read more
Léxico de costureiras

O traballo de MAOS para o proxecto A Memoria das Mulleres, do Concello de Pontevedra, continúa a dar froitos ben gorentosos! Desta vez lanzamos o ‘Léxico de costureiras‘, un traballo realizado con costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve que recolle e documenta o vocabulario profesional deste oficio tradicionalmente invisibilizado. Grazas a todas […]

Read more
Colaboração com a AGAL na Leitura Continuada do Scórpio

Ao longo de 2020, ano em que se dedica o Dia das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, tivemos o prazer de colaborar com a Associaçom Galega da Língua no desenvolvimento da leitura continuada online do romance ‘Scórpio’. Oxalá ao longo do ano 2021 podamos organizar uma leitura presencial!

Read more
#DeFronte á violencia de xénero

MAOS apoiamos e asinamos a campaña De Fronte á violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña. Tivemos tamén no ano 2020 o pracer de participar da campaña realizando varias tarefas na área de comunicación, entre elas, a creación da web, man a man coas compañeiras de Rexenerando (obrigadas!), e aproveitando a estética ideada por […]

Read more
Seminarios da Agantro

Estamos encantadas de botar unha man na organización dos Seminarios da Agantro! Moi interesantes! Serán gratuítos e online. Bule! A data límite de inscrición é o 19 de novembro! ? MAOS participamos ademais nun dos seminarios, “Mirando ao futuro. Patrimonio Inmaterial e Memoria”, que partillamos coa amiga Olga Romasanta, socia dunha das nosas cooperativas irmás […]

Read more
Paseos de MAOS na SELIC 2020

MAOS guiaremos tres paseos dentro da programación da SELIC 2020 (programación). Trátanse dalgúns dos roteiros que deseñáramos nestes últimos anos para a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e dos cales faremos unha nova sesión: Segunda feira, 12 de outubro: Scórpio e Ricardo Carvalho Calero en Compostela. Paseo que rende homenaxe a Ricardo […]

Read more
Lanzamento da web DoGrisAoVioleta.gal

Cinco anos despois do inicio do programa A Memoria das Mulleres, o Concello de Pontevedra decidiu dar un paso máis e crear a web DoGrisAoVioleta.gal, na cal se quere recoller boa parte do traballo realizado e socializalo de forma accesible e ordenada segundo os tres eixos temáticos básicos do programa: Traballadoras, Represaliadas e resistentes e […]

Read more
Teo é Cidade Amiga da Infancia

O Concello de Teo recibiu o recoñecemento Cidade Amiga da Infancia outorgada pola Unicef! Grande traballo o desenvolvido desde o concello e aínda maior e máis valioso o levado a cabo pola rapazada que participa no Foro de Participación da Infancia e a Adolescencia (FoPIA) e no Consello Local da Infancia e a Adolescencia (CLIA). […]

Read more