Xornada de portas abertas ao patrimonio da RBTGX

Os días 5 e 6 de marzo organizamos con Feitoría Verde para o proxecto Patrimonio do Xurés unhas xornadas moi interesantes! Van do máis serio ao máis divertido! Por exemplo, ese mesmo día presentaremos e proxectaremos o documental “Patrimonio habitado” feito coas amigas da Illa Bufarda, ou escoitaremos a música ao vivo do grupo Kérkennai encanto merendamos ou xogamos á […]

Read more
Homenaxe ás queixeiras

O sábado 21 de febreiro, con motivo da 40ª Festa do Queixo de Arzúa coordinamos un encontro público coa participación de mulleres de diferentes xeracións con experiencia na elaboración de queixo. Por medio das súas narracións persoais e da súa experiencia, coñecemos mellor a vida das queixeiras de Arzúa de onte e de hoxe. Falamos con elas sobre a elaboración […]

Read more
Feira Come Ourense

MaOs coordina desde o mes de marzo a Feira Come Ourense, creada polo Concello de Ourense a través da súa iniciativa Come Ourense, co obxectivo de promover os produtos locais de alimentación, tanto frescos como elaborados. A feira é de carácter mensual e itinerante: cada mes realizarase nun espazo diferente do concello. A primeira feira terá lugar na […]

Read more
De conversa coas traballadoras da Pontesa

Durante case catro décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, en Ponte Sampaio, unha das máis modernas e avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. Desde crear as pezas de cerámica até decoralas, vernizalas ou empaquetalas, mozos e […]

Read more
De conversa coas costureiras de Lérez

O xoves 26 de xuño coorganizamos con Comba Campoy un encontro/conversa coas costureiras de Lérez dentro do progama de A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra. Ao redor dunha merenda, as traballadoras dos fíos da parroquia de Lérez traerannos a memoria do seu oficio: a aprendizaxe nos talleres, a costura polas casas e nos fogares, os refráns, […]

Read more
Entrevista a MaOs

As amigas de Niquelarte (www.niquelarte.org) publican no seu blogue do Praza Pública unha entrevista que nos fixeron a MaOs e a Feitoria Verde Soc. Coop. Gal. sobre o proxecto RuralActivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve (no concello de Pontevedra). Podedes ler a entrevista completa nesta ligazón:  http://niquelarte.prazapublica.com/post/54662973906/maos-e-feitoria-verde

Read more
Proxecto Ruralactivo

Ao longo do ano 2013 MaOs está desenvolver conxuntamente coa empresa Feitoría Verde S.Coop.Gal. o proxecto Ruralactivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve, programa promovido polo Concello de Pontevedra para a dinamización socioeconómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido destinado principalmente ás mulleres e á xuventude. Aqui tendes a ficha do proxecto na nosa web: https://maos.gal/experiencias-e-iniciativas/ruralactivo/ […]

Read more