MAOS pon en marcha o ciclo de roteiros ‘Historia das nosas rúas’

Desde MAOS lanzamos este decembro unha iniciativa propia, en colaboración co guía profesional Xosé Antón G. Serén: o ciclo de roteiros ‘Historia das nosas rúas’! A actividade consiste nun roteiro para coñecer a historia dunha rúa compostelá, sendo as Casas Reais a escollida para esta edición. O roteiro terá versión online e física, realizándose os […]

Read more
MAOS lanza o ‘Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza’

[Extra: Entrevista a Zaira Caamaño no Nós Diario] Após meses de investigación, estudo e traballo MAOS publicamos o ‘Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza‘, que pretende pór en valor a historia medieval galega e contribuír á socialización deste período para combater a desmemoria e o esquecemento sobre a historia do país. Trátase dun dos […]

Read more
Proxecto de MAOS premiado co Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia

Estamos encantadas de anunciar que o noso proxecto “Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza” recibiu un dos vinte premios do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da área de cultura da Deputación da Coruña. A nosa proposta consiste na difusión de láminas creadas por cinco ilustradoras galegas, presentando estéticas e estilos diferentes, pondo […]

Read more
Paseos literarios e culturais para centros de ensino

En MAOS creamos múltiples paseos literarios e culturais por Santiago de Compostela que agora ofrecemos tamén para centros de ensino. Aquí tendes a nosa oferta para este curso 2021-22. Se o teu centro ten interese, contacta connosco e pídenos o teu orzamento personalizado!

Read more
Lánzase a Compostela Filmada

Xa está en aberto ‘Compostela Filmada‘, proxecto realizado e coordinado por MAOS para a área de Cultura do Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía cinematográfica de Santiago de Compostela, onde se dea protagonismo ás rodaxes realizadas na capital galega. Os resultados da investigación deron como resultado a web CompostelaFilmada.gal, en constante actualización, a […]

Read more
Festival Rosalía 2021

Un ano máis colaboramos no deseño e comunicación do #FestivalRosalía da Área de Cultura da Deputación da Coruña. Esta edición será online, mais… a pesar dos pesares, das restricións, borrascas e o que vier, #RosalíadeCastro ben merece perseverar! Máis información: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=8597&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web P.D. A xenial nova #SúperRosalía deste ano é, como sempre, obra da amiga, tamén […]

Read more
Léxico de costureiras

O traballo de MAOS para o proxecto A Memoria das Mulleres, do Concello de Pontevedra, continúa a dar froitos ben gorentosos! Desta vez lanzamos o ‘Léxico de costureiras‘, un traballo realizado con costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve que recolle e documenta o vocabulario profesional deste oficio tradicionalmente invisibilizado. Grazas a todas […]

Read more
Colaboração com a AGAL na Leitura Continuada do Scórpio

Ao longo de 2020, ano em que se dedica o Dia das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, tivemos o prazer de colaborar com a Associaçom Galega da Língua no desenvolvimento da leitura continuada online do romance ‘Scórpio’. Oxalá ao longo do ano 2021 podamos organizar uma leitura presencial!

Read more