Blog

VI Festival Rosalía. 23 e 24 de febreiro

Maos levamos, un ano máis, o comisariado de deseño e comunicación do Festival Festival, que organiza a Deputación da Coruña en colaboración co concello de Santiago de Compostela. Unha quincena de actividades encherán a compostelá Praza de Mazarelos entre o venres 23 e o sábado 24 de febreiro, co fin de celebrar a potencia creadora na nosa lingua.

Baixo o lema Un grande atrevemento discorrerá esta nova edición do festival, que reúne poesía, escena, música, artesanía e narración oral para pór en valor a diversidade e a calidade da creación artística da nosa lingua e as novas dimensións que se lles outorga desde diferentes disciplinas tanto á figura de Rosalía como ao noso idioma.

Como se pode comprobar, esta edición de 2024 é especial porque mudamos tanto a estética como a narrativa, dándolle unha perspectiva diferente (aínda que ás veces achamos en falta a nosa Super Rosalía!), reinterpretando tanto a imaxe fotográfica da propia Rosalía canto o seu prólogo a Cantares Gallegos.

Aquí podedes consultar o programa completo.

Cartel do VI Festival Rosalía.