Compostela Literaria

,
Concello de Santiago
2022-2023

Proxecto creado entre 2022 e 2023 para o Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía literaria de Santiago de Compostela, que ofrece unha visión panorámica da relación entre a nosa cidade e a literatura. Artellada ao estilo dunha guía, a web compostelaliteraria.gal comprende tanto un mapa literario como unha mostra de obras, autoras e autores de marcada compostelanía, sexa esta nativa ou adoptiva, sexa por relevancia ou por intensidade. Complétase esta proposta cunha serie de recursos lúdicos e con diversos artigos escritos por persoas relacionadas co mundo da literatura. Inclúese ademais a sección participativa Microficcións, á que calquera pode enviar as súas propias creacións.

Páxina de inicio de compostelaliteraria.gal