Temos nova socia! Benvinda Xiana!

Desde o 1 de decembro de 2022 somos novamente tres as persoas socias de MAOS, xa que demos a benvinda a Xiana Iglesias Villaverde, quen xa fora socia fundadora e traballadora da nosa cooperativa até 2019. Ábrese para nós unha nova e ilusionante etapa! MAOS somos…

Read more
Nova etapa en MAOS

A nosa compañeira María Abelleira despídese de MAOS… Mais faino por boa cousa Aprobou as oposicións de galego . *** Desexámoslle o mellor nesta nova aventura no mundo da educación . Alá polo 2012, María foi unha das ideadoras do que sería a nosa cooperativa, e en boa medida grazas a ela chegamos a ser […]

Read more
Inauguramos unha nova etapa en MAOS!

A nosa cooperativa cumpriu 5 anos en abril deste 2019 e decidimos que chegara o momento de nos reformular e de repensarmos como empresa. Neste proceso resultou fundamental relembrar que MAOS naceu como espazo no cal levar a cabo proxectos cos cales nos identifiquemos e dos cales desfrutemos. E a que conclusións chegamos? Pois… Que […]

Read more
Calendario MAOS 2019

Xa podes descargar o noso calendario para o ano 2019! Preme sobre el para o descargar: O calendario é obra do noso deseñador de cabeceira: Miguel Durán.

Read more
Oficios de salitre. As mulleres e os traballos do mar

Temos a inmensa alegría de publicar no Boletín Galego de Literatura da Universidade de Santiago de Compostela o artigo “Oficios de salitre. As mulleres e os traballos do mar”, baseado no traballo que facemos na A memoria das mulleres. Grazas a todas as persoas que o fixestes posible! http://www.usc.es/revist…/index.php/…/issue/view/320/showToc [Na imaxe, Josefa Barcia e a […]

Read more
Arrolos de Rianxo: Como gravar e enviar arrolos co Whatsapp?

No proxecto Arrolos de Rianxo andamos a vos pedir que nos enviedes os vosos arrolos ou os que recollades doutras persoas… Pero como podedes facelo? Unha das formas máis fáciles é utilizando o Whatsapp. Antes de comezar lembra meter o noso número nos teus contactos: 694 47 41 66. Aquí tendes unhas instrucións básicas sobre como facelo: Gravar […]

Read more
Novidades da Granxa de Servizos: o Alcouve e os cursos

A asociación Granxa de Servizos, da cal formamos parte, presenta varias novidades neste inicio do curso 2015-16: Pomos a andar o Alcouve | Laboratorio de Ideas e Proxectos de Dinamización do Rural, plataforma construída por un grupo de persoas e cooperativas da asociación que desde hai varios anos traballamos colaborativamente na posta en marcha de distintos proxectos de […]

Read more
Documentais sobre mulleres galegas

AVISO:  Creamos unha nova páxina específica recompilando máis documentarios e incluíndo os presentes nos varios artigos publicados. Podes acceder á páxina premendo aquí. Escoitar a historia de vida e loita das mulleres a través a súa propia voz é un pracer ao que temos acceso grazas ao traballo das persoas dedicadas ao audiovisual. Recompilamos unha serie de […]

Read more
Nace MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega

En MaOs decidíramos xa no ano pasado convertérmonos en cooperativa de traballo asociado, é agora que damos os primeiros pasos: Temos nome, MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega e estatutos. Estas semanas seguiremos a darlle forma ao noso proxecto, elaborando o regulamento de réxime interno, refacendo o plan de empresa, etc. O labor non é pouco mais tamén é ilusionante! […]

Read more