Hoxe queríamos partillar convosco máis material sobre o común (ou “commons”, ou “ben común”, ou “procomún”…). Neste caso sobre a economía do común, entendida como modelo alternativo ao capitalismo. Para introducirnos no tema nada mellor que un dos seus promotores, Christian Felber, neste curto e moi didáctico vídeo:

Na web ‘Economía del bien común‘  podemos encontrar cousas ben interesantes, como a ‘Matriz del bien común‘ . Tamén podemos conseguir máis info no seu facebook.

Por último, deixámosvos unha referencia a un artigo de Jean Pierre Leroy, “Contra a mercantilização e a privatização da vida e da natureza, os Bens Comuns” , que podedes encontrar aquí en formato PDF.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *