O Concello de Teo recibiu o recoñecemento Cidade Amiga da Infancia outorgada pola Unicef! Grande traballo o desenvolvido desde o concello e aínda maior e máis valioso o levado a cabo pola rapazada que participa no Foro de Participación da Infancia e a Adolescencia (FoPIA) e no Consello Local da Infancia e a Adolescencia (CLIA). É un éxito coral! Moitos parabéns!!
Máis info aquí.
Desde MAOS sentímonos especialmente alegres por este recoñecemento xa que participamos realizando Formación e asesoramento.