Blog

Temos nova socia! Nace MAOS 3.0!

Despois de varios anos sendo dúas persoas socias, volvemos ser tres! Desde o 1 de novembro temos a inmensa fortuna de contar cunha nova socia: Zaira Caamaño. Benvida! ??

Xa tivéramos a sorte de contar con ela grazas a unha bolsa FEUGA e agora incorpórase como socia traballadora. Zaira defínese como unha historiadora da arte que aposta pola transformación social a través da cultura. Aquí podes consultar a súa páxina de LinkedIn.