Etiqueta: proxectos

  • Actividades didácticas para a exposición ‘Humor líquido galego · Xaquín Marín’

    Actividades didácticas para a exposición ‘Humor líquido galego · Xaquín Marín’

    Ao longo dos meses de novembro e decembro de 2024 deseñamos e guiamos visitas guiadas á exposición ‘Humor líquido galego · Xaquín Marín’ tanto para público xeral, en colaboración co guía e historiador da arte Xosé Antón G. Serén, como para centros de ensino e crianzas, incluíndo estes últimos un obradoiro de ilustración, guiado por…

  • Novo paseo ‘Compostela e as orixes da lingua’

    Novo paseo ‘Compostela e as orixes da lingua’

    Maos deseñamos un novo paseo, ‘Compostela e as orixes da lingua’ para o Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela. É un paseo lingüístico que ofrece unha andaina sobre as orixes da cidade e a súa relación coa lingua galega e que poden solicitar gratuitamente tanto centros de ensino como grupos de público…

  • ‘A aldea desmedida’

    ‘A aldea desmedida’

    A nosa cooperativa amiga, NUMAX, convidounos a comisariar unhas xornadas para a súa libraría, e así naceu ‘A Aldea Desmedida‘, que ten por obxectivo coñecer, entender e repensar o espazo e a cidade na que vivimos. Deseñamos un programa composto por catro conversas que se sucederán de abril a setembro: Beatriz Busto e Encarna Otero«A…

  • Posta en marcha de ‘Compostela en conflito’

    Posta en marcha de ‘Compostela en conflito’

    O proxecto “Compostela en conflito” preséntase como un achegamento a eventos históricos escasamente coñecidos e comprendidos en Santiago de Compostela, cun enfoque divulgativo. A iniciativa está liderada por Maos, en colaboración con Xosé Antón G. Serén (editor e investigador), Marga Tojo (xornalista, escritora e comunicadora) e Verónica Ramillo (traballadora social, sexóloga, fotógrafa e facilitadora de…

  • Comisariado do foro ‘A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’

    Comisariado do foro ‘A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’

    De xaneiro a maio de 2023 vai ter lugar o foro de coñecemento ‘A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’, organizado pola Deputación da Coruña e a Rede da GaliLusofonia, e que contempla palestras, visitas guiadas, teatro e música en ambas as cidades. Pola parte galega cóntase coa colaboración da EOI de Santiago…

  • Lanzamento da web DoGrisAoVioleta.gal

    Lanzamento da web DoGrisAoVioleta.gal

    Cinco anos despois do inicio do programa A Memoria das Mulleres, o Concello de Pontevedra decidiu dar un paso máis e crear a web DoGrisAoVioleta.gal, na cal se quere recoller boa parte do traballo realizado e socializalo de forma accesible e ordenada segundo os tres eixos temáticos básicos do programa: Traballadoras, Represaliadas e resistentes e…

  • MAOS no Festival Rosalía 2018

    MAOS no Festival Rosalía 2018

    Por segundo ano consecutivo MAOS participa no Festival Rosalía organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago. O noso labor consiste no deseño da estética (a SúperRosalía é obra da nosa compañeira Xiana Iglesias) e en diferentes tarefas de comunicación. A edición de 2018 contará cunha feira de…

  • Primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Teo

    Primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Teo

    O pasado 23 de febreiro realizouse a primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia do Concello de Teo. Este encontro enmárcase nas accións desenvolvidas polo Concello de Teo para a obtención do selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF e na vontade de mellorar as condicións das persoas menores de idade de Teo.…

  • Proxecto Ruralactivo

    Proxecto Ruralactivo

    Ao longo do ano 2013 MaOs está desenvolver conxuntamente coa empresa Feitoría Verde S.Coop.Gal. o proxecto Ruralactivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve, programa promovido polo Concello de Pontevedra para a dinamización socioeconómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido destinado principalmente ás mulleres e á xuventude. Aqui tendes a ficha do proxecto na nosa web: http://maos.gal/experiencias-e-iniciativas/ruralactivo/…