Acto ‘Mulleres e compromiso político e social’ en Pontevedra
Acto Mulleres e compromiso político e social

O vindeiro martes 30 de outubro terá lugar o acto Mulleres e compromiso político e social, será na Casa da Luz ás 19:30h. Este actividade está enmarcada no proxecto A Memoria das Mulleres do Concello de Pontevedra. Participarán Nené González, Pilar Allegue e Engracia Vidal. Presenta e modera María Xesús López Escudeiro. MAOS participa activamente […]

Read more
Café da memoria: Gandeiras

O xoves 17 de novembro ás 18h30 o Museo do Pobo Galego organiza unha conversa con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei, gandeiras, e que será moderado por Lara Barros. MaOs participou contactando e entrevistando as gandeiras ademais de realizando o guión do encontro.  

Read more
Homenaxe ás queixeiras

O sábado 21 de febreiro, con motivo da 40ª Festa do Queixo de Arzúa coordinamos un encontro público coa participación de mulleres de diferentes xeracións con experiencia na elaboración de queixo. Por medio das súas narracións persoais e da súa experiencia, coñecemos mellor a vida das queixeiras de Arzúa de onte e de hoxe. Falamos con elas sobre a elaboración […]

Read more
De conversa coas traballadoras da Pontesa

Durante case catro décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, en Ponte Sampaio, unha das máis modernas e avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. Desde crear as pezas de cerámica até decoralas, vernizalas ou empaquetalas, mozos e […]

Read more