MAOS Innovación Social é o produto dunha idea, dunha ilusión, que alá polo ano 2014 se transforma en realidade. Esta idea inicial remoeu en nós e nós nela, como un vira-vira dialéctico, e foi converténdose no que somos hoxe:

Unha cooperativa de traballo asociado sen fins lucrativos onde as persoas que a integramos opinamos, decidimos, argallamos…. onde traballamos por sermos iguais e diferentes e achegamos o noso coñecemento e experiencia propios para un proxecto común. E todo isto facémolo como cooperativa porque acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade, a responsabilidade… En 2019 adherímonos ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia.

Desenvolvemos o noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da Etnografía, a Xestión Cultural e a Comunicación. Facemos o que nos gusta e en moi boa compañía, na de todas as persoas que fomos coñecendo ao longo destes anos e na de todas as entidades coas que tivemos e temos a oportunidade de colaborar.

Quen somos
Zaira Caamaño Remuiñán

Historiadora da arte que aposta pola transformación social a través da cultura.

Xiana Iglesias Villaverde

Cociñeira comunicativa, con xornalismo, artes gráficas e sen mandil.

Óscar Senra Gómez

Multiplataforma e multimodal como o seu título en Ciencias Sociais.

Para saber un pouco máis

Tamén podes subscribirte ao noso boletín bimensual para recibir novas sobre a nosa cooperativa e as nosas actividades e recursos:

Procesando…
Viva! Xa te inscribiches no noso boletín!
Formamos parte de