MAOS ordena os seus servizos en tres bloques principais, sendo que todos eles poden compor un proxecto en si ou formar parte dun proxecto maior:
Etnografía
Desenvolvemos proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto.
Xestión cultural
Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos.
Comunicación e produción de contidos
Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións. Por outro lado, como parte do noso compromiso coa lingua galega, contribuímos á divulgación de contidos non accesibles en galego a través dun servizo de tradución e corrección.
Consulta aquí os nosos Proxectos.
Tamén podes encontrar algúns dos nosos servizos na páxina Ben Mercado: