Cando en marzo de 2014 MaOs Innovación Social se constitúe legalmente como cooperativa sabíamos que por diante tiñamos un longo de camiño de mudanzas e de adaptación ao que esixe unha cooperativa: novos documentos, novas formas de traballar e organización, modelos de xestión, contabilidade… Ao mesmo tempo, había que seguir a desenvolver os nosos proxectos e a procurar outros novos. Non semellaba tarefa fácil e foron necesarios grandes esforzos persoais e profesionais. Neste intenso percorrido non estivemos soas e desde aquí queremos agradecer a presenza e confianza de: Feitoria Verde S.Coop.Galega, EnComún S.Coop.Galega, Miguel Durán -deseñador do noso logo e desta revista-, José Ramom Pichel, Fran Ameixeiras, Comba Campoy, Miguel Pardellas e, como non, ás persoas que están con nós no día a día.

Agora, a decembro de 2014, estamos a editar esta revista, unha publicación que, ao igual que MaOs, foi collendo forma á medida que fomos traballando nela. A nosa primeira idea era publicar os artigos do blogue adaptados ao formato papel. No entanto, entre debates, fomos creando unha nova “cooperativa” e deste proceso nace a revista de MaOs. O noso obxectivo con esta publicación é darnos a coñecer e dar a coñecer aquelas persoas, proxectos e iniciativas que pensamos que teñen que ter un lugar moi visible na nosa sociedade. Coñecernos e, por tantos medios como nos sexa posible, unirnos.

A revista ten versión impresa (que inclúe un mapa despregábel dos mercados con produtos eco), versión epub (descárgaa aquí) e tamén podedes vela online:

Deixar unha resposta