A seguir ofrecemos unha lista de ligazóns a recursos lingüísticos que se poden encontrar na rede e que achamos poden resultar útiles á hora de traballar co galego na normativa oficial ou ILG-RAG (preme aquí para acceder á lista de recursos do galego-portugués). Tende en conta que aquí non están todos os recursos, nalgúns casos optamos por dar a ligazón de páxinas contendo máis glosarios e vocabularios, por exemplo.
No mundo da internet todo muda moi rápido, caso encontrares algún erro ou tiveres algunha suxestión ou opinión, agradeceriamos que nolo contases enviando un email a maos@maos.gal
índice
Dicionarios | Dicionarios bilingües | Vocabularios e glosarios | Aplicacións de corrección e tradución | Aplicacións para móbiles | Recursos didácticos e consultas | Normas e gramáticas | Fraseoloxía e refráns | Corpus | Toponimia e xentilicios | Nomes e apelidos | Linguaxe non sexista | Varios
Dicionarios
- Dicionario da Real Academia Galega. Desenvolvido pola RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega). Inclúe sinónimos, antónimos e pronuncia. Hai aplicación para móbil (iOS e Android). Ten máis de 50 mil entradas. Premendo aquí poderás ver todas as novidades que se van introducindo aos poucos neste dicionario.
- Dicionário Eletrónico Estraviz. Con máis de 129 mil entradas é o máis completo que existe para o galego. Segue a normativa reintegracionista da AGAL mais acepta a busca na normativa ILG-RAG.
- Digalego. Ten máis de 65.000 entradas, as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola RAG e o ILG. Ten conxugacións verbais, voces non admitidas en galego e pódense facer buscas partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.
- bUSCatermos. Busca a palabra indicada nunha base de datos terminolóxica da USC con máis de 160 mil conceptos. Hai aplicación para móbil (iOS e Android).
- Recursos Integrados da Lingua Galega (RILG). Busca a palabra indicada en diferentes dicionarios, corpus e bancos de datos. Entre eles, o fabuloso Dicionario de dicionarios.
- Galizionario. Dicionario colaborativo en construción constante. Nalgúns casos ofrece etimoloxía, pronuncia e tradución a outros idiomas. Dispón de máis de 41 mil entradas.
- Dicionario de pronuncia da lingua galega. Ofrece a pronuncia da palabra indicada. Permite buscas ortográficas ou fonéticas. Podes comparalo co galego oral recollido grazas ao proxecto AGO (ou deixa que fale por ti o Cotovía).
- Dicionario de sinónimos do galego. Con 27.069 entradas, 44.810 acepcións, 202.689 sinónimos. Creado Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, está baseado no Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia (1997).
- Dicionarios dispoñíbeis parcialmente a través de Google Books:
- Pequeno dicionario Século 21 de sinónimos e antónimos, de Galaxia/Cumio, 2006.
- Diciopedia do Século 21. Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal. Volume 3 O-Z, de Galaxia/Cumio/Castro, 2007.
- Dicionario de sinónimos da lingua galega, de Galaxia, 1997.
Dicionarios bilingües
- Inglés – galego:
- Dicionario CLUVI inglés-galego. Con máis de 20 mil entradas e 30 mil traducións.
- Léxico bilingue inglés-galego. Creado automaticamente e sen revisión, neste simple dicionario encontrarás cerca de 12 mil entradas.
- Español – galego:
- AULEX. Con 1634 entradas e 1530 entradas na dirección español-galego.
- Dicionario castelán – galego de Rinoceronte editora.
- Italiano – galego: Dicionario italiano-galego (PDF). Non está adaptado á nova normativa.
- Catalán – galego:
- Guía de conversa galego-catalán. Glosario multilingüe con guía de pronuncia.
- Achega fraseolóxica para un dicionario bilingüe galego‑catalán / catalán-galego (PDF). Por Silverio Cerradelo e Esteve Valls.
- Francés – galego:
- Dicionario CLUVI francés-galego. Con 2071 entradas e 4053 traducións.
- Dicionario francés-galego. Pequeno dicionario con 1927 entradas na dirección galego > francés e 1843 de francés > galego.
- Galego-ruso: Dicionario galego-ruso (PDF). A primeira edición conta con case 11.000 lemas e na versión final do dicionario ascenderá a unhas 40.000 entradas.
- Varios:
- Corpus paralelo CLUVI. Busca en diferentes corpus bilingües e multilingües (galego-español, galego-inglés, inglés-galego-francés-español, francés-galego, etc.).
- TERGAL. Banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para diversos conceptos das linguas de especialidade e, de maneira especial, dos dominios científicos e técnicos. Inclúe equivalentes en diferentes idiomas.
- Dicionarios dispoñíbeis parcialmente a través de Google Books:
- Diccionario latín-galego, J. Carracedo Fraga, Galaxia, 1999.
- Diccionario normativo galego-castelán, A.I. Boullón Agrelo, H. Monteagudo Romero, X. García Cancela, Galaxia, 2000.
- Diccionario enciclopédico gallego castellano, vários/Eladio Rodríguez González, Galaxia, 2000,
- Diccionario galego-castelán, vários/X.L.Franco Grande, Galaxia, 1968,
- Vocabulario castelán-galego, X.L.Franco Grande, 1984,
- Diccionario Gallego-Castellano, Castellano-Gallego, B. García Turnes, C. González Bueno, Mª Álvarez de la Granja, Galaxia, 2001.
Vocabularios e glosarios
- VOLGa Vocabulario ortográfico da lingua galega. Lista de palabras segundo a norma oficial. Non inclúe definicións. Útil para comprobar se unha palabra é normativa ou non.
- Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos. Lista de traballos terminográficos galegos, clasificados pola área de especialidade na que se centran.
- Andel de traballos terminográficos do SNL. Das matemáticas ao dereito administrativo. Vocabularios e glosarios especializados bilingües ou multilingües elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
- Obradoiros terminolóxicos da UdC. Vocabularios da campaña Profesionaliza a túa lingua.
- DicoRealiter. Diferentes glosarios multilingües sobre ambiente, comercio electrónico, informática e internet.
- Dicionario de alimentación e restauración (PDF). Termos máis relevantes da linguaxe culinaria e gastronómica con equivalentes en castelán e inglés. Recolle uns 3000 conceptos.
- digaTIC (Dicionario Galego de Telecomunicacións). Léxico técnico en galego sobre telecomunicacións con equivalentes noutros idiomas.
- Dicionario galego de televisión (PDF). Recolle algo máis de 3000 conceptos en galego do mundo da televisión con equivalentes noutros idiomas.
- Dicionario da vestimenta tradicional galega. Dicionario representativo dos principais termos utilizados polo xeral nos estudos etnográficos sobre a vestimenta ou o traxe galegos.
- Dicionario de dicionarios de xirias. Busca palabras como se din nas xirias recollidas en diferentes dicionarios.
- Dicionario de Termos Literarios (DiTerLi). Contén 2304 entradas.
- Glosario bilingüe de termos turísticos galego-francés (PDF). Con case 5 mil entradas.
- Dicionario galego de construción naval. Con case 2 mil voces, inclúe tradución a castelán, portugués e inglés.
- Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán (PDF). Repertorio terminolóxico bilingüe do léxico da administración pública elaborado pola Universidade de Vigo.
- Dicionario visual da construción (PDF). Contén máis de 6.000 termos en galego e castelán.
- MAGUS: Multilingual Animal Glossary of Unveiled Synonyms. Dicionario multilingüe paneuropeo de nomes comúns de animais.
- Os nomes galegos das aves (PDF). Por Silverio Cerradelo Gómez, 2013.
- Lista das aves de Galicia (PDF). Listado multilingüe con 595 especies de aves.
- Vocabulario forestal (PDF). Léxico forestal en inglés e galego, por Xusto A. Rodríguez Río, 2012.
- Vocabulario de medicina (galego-español-inglés-portugués) (PDF), por Xusto A. Rodríguez Río, 2008.
- Termos esenciais de dereito… penal (PDF), internacional (PDF), civil (PDF) e constitucional (PDF). Glosarios bilingües galego-castelán elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
- Termos esenciais de arquitectura de computadores (galego-español-inglés) (PDF).
- ¿Trebellas ou traballas? Curioso glosario do ano 2002 dedicado ás “palabras galegas para o sexo”.
- Dicionario do imaxinario de Galicia Encantada, a enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia.
- Termos esenciais de administración electrónica (PDF). Definicións e clasificacións de 164 conceptos cos seus nomes en galego, catalán, español, inglés e francés.
- Vocabulario de criminoloxía (galego-español-inglés) (PDF). Case 2 mil termos en galego con equivalencias en español e inglés cos conceptos básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas.
- Glosario de expresións e termos do DOG. Glosario bilingüe español-galego recollendo expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés (PDF).
- Termos escénicos. Dicionario enciclopédico. “Unha ferramenta de consulta promovida polo Consello da Cultura Galega para coñecer o léxico propio das artes escénicas en lingua galega, en crecemento constante.”
- Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa. Recolle todo o léxico galego-português das cantigas trobadorescas profanas (nº de cantiga + nº de verso), ordenadas polo sistema referencial de Jean-Marie D’Heur actualizado.
Aplicacións de corrección e tradución
- Correctores online:
- Correctores instalábeis en Microsoft Office:
- Correctores instalábeis en OpenOffice / LibreOffice:
- Golfiño. Corrector gramatical instalábel para OpenOffice / LibreOffice.
- Corrector Hunspell de galego. Corrector ortográfico utilizado por software libre diverso (LibreOffice, Firefox, Scribus, Chrome, etc.).
- LanguageTool: Corrector ortográfico instalábel para OpenOffice / LibreOffice, con versión en liña e que conta cunha extensión para Firefox. Conta co galego e o portugués entre outros vinte idiomas.
- Corrector de linguaxe sexista: Exeria. Aplicación que corrixe algúns casos comúns de linguaxe sexista, intégrase no OpenOffice e funciona como un corrector.
- Complementos para navegadores:
- Firefox. Complementos prácticos (add-on) para galego. Lista de complementos para Firefox realizada por Antón Méixome. Inclúe dicionarios e correctores, entre outras ferramentas.
- Chrome. Ferramentas de galego para Chrome. Extensión para Google Chrome que facilita a consulta do dicionario da RAG e a tradución de textos ao galego. Realizado por Cabozo.com.
- Gmail en galego: Existe a posibilidade de pór o Gmail en galego e de que nos corrixa os textos (tamén no Drive), premendo aquí encontrarás as instrucións para facelo.
- Tradutores automáticos de galego:
- OpenTrad. Traduce, entre outros, de galego para español, inglés e portugués e viceversa. Traducir textos e webs é gratis, para traducir documentos é preciso pagar (mellora a calidade).
- GAIO. Tradutor da Xunta de Galicia. Traduce textos e webs de galego, entre outros, para español, inglés e portugués e viceversa.
- Tradutor do SLI da UVigo. Traduce de galego para español e portugués. Traduce gratis textos, webs e algúns formatos de ficheiros. É a mesma tecnoloxía que OpenTrad mais con menos calidade.
- Traducíndote. Traduce de galego para español e inglés. Baseado no OpenTrad mais con menos calidade e sen mantemento. Traduce gratis diferentes tipos de documentos.
- Tradutor de Google. Traduce gratis textos, webs e algúns tipos de documentos de galego para infinidade de idiomas. Problema: É un tradutor estatístico, é dicir, os resultados poden ser un tanto estraños.
Aplicacións para móbiles
- Dicionario da Real Academia Galega. Dispoñíbel para sistemas operativos iOS e Android.
- Digalego. Dicionario da Xunta de Galicia dispoñibel para iOS e Android.
- bUSCatermos. Dispoñíbel para sistemas operativos iOS e Android.
- ConxuGalego. Conxugador de verbos en galego para iOS e Android. Está baseado no Conshuga.
- Tradutor Gaio. Permite a tradución automática de textos entre galego, castelán, portugués, inglés e catalán.
- Refraneiro Galego. Case 10 mil refráns en galego.
- Teclado Galego Android. Aplicación para dispositivos Android que permite escribir con corrección ortográfica en galego.
- Android en galego. Desde a súa versión 5.0 o sistema operativo para dispositivos móbiles Android trae o galego de serie.
- Isto é galego. Curso de galego dispoñíbel para iOS e Android, realizado por Cuac FM.
- Galnet. Inclúe traducións e sinónimos para dez linguas, do galego ao chinés (simplificado e tradicional), pasando polo inglés, o alemán, o francés, o italiano e polo portugués, o español, o catalán e o euskera. O dicionario suma 725 mil palabras, 70 mil en galego. En Google Play.
- Abertos ao Galego. App da Mesa pola Normalización Lingüística que busca mellorar a presenza da lingua galega nos estabelecementos comerciais e de servizos. Para iOS e Android.
- A Liña do Galego. Servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística para atender consultas sobre dereitos lingüísticos e tramitar queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego. Para iOS e Android.
Recursos didácticos e consultas
- Portal das palabras. Dispón de xogos, vídeos e acceso ao dicionario da RAG, entre outros recursos.
- LOIA. Web do Consello da Cultura que quere ofrecer os elementos fundamentais para iniciarse no coñecemento do idioma galego. Conta cunha gramática.
- Dicionario visual interactivo. Unha ferramenta para o alumnado procedente do estranxeiro en castelán, inglés e galego. Boa iniciativa mais con moitos erros lingüísticos!
- Un idioma preciso. Foro de discusión sobre linguaxe científica en galego.
- Guía de acompañamento lingüístico. Falamos! (PDF – Volume 1)(PDF -Volume 2): Guía trilingüe (galego, francés e inglés) con léxico e fraseoloxía adecuados para diferentes situacións comunicativas.
- Remexer Na Lingua… na procura de prácticas didácticas con TIC en lingua. Con moitos recursos de lingua e literatura.
- Recursos. Lista de recursos da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
- Kit para a normalización en rede. Actualización do Kit para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura que fornece novas ferramentas de traballo para a planificación lingüística do galego.
- Ogalego.eu. Web con múltiples recursos: morfoloxía, toponimia, cantigas populares, exercicios, aplicacións móbiles, etc.
- Galizaweb.net. Selección de recursos para o galego.
- Alí. Portal de recursos en galego para a educación infantil.
- Índice do Atlas Lingũístico. Para facer buscas sobre as formas indexadas dos volumes do Altas Lingüístico Galego.
- Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia e outras publicacións institucionais. Wiki recollendo os aspectos formais e as normas de estilo e redacción recomendadas para o DOG e outras publicacións institucionais.
- Lingua para nós. Manual de estilo do Concello de Pontevedra.
- Curso de lingua galega. Do Concello de Pontevedra e de Nós Diario.
- CANTÁmola en GALEGO. Unidade didáctica do Concello de Pontevedra sobre a exposición de música en galego do século XXI.
- Dúbidas lingüísticas. Páxina da USC para consultar dúbidas lingüísticas.
Normas e gramáticas
- Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (PDF). Normas aprobadas pola Real Academia Galega no ano 2003 (edición de 2012).
- Síntese gramatical (PDF), da Universidade da Coruña, 2008.
- Normativa oficial do galego, na Galipedia.
- Recursos dispoñíbeis parcialmente a través de Google Books:
- Gramática da lingua galega, por Rosario Álvarez e Xosé Xove. Editorial Galaxia, 2002.
- Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, 2004.
Fraseoloxía e refráns
- Cadernos de Fraseoloxía Galega. Revista editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Destaca o terceiro número, con equivalencias casteláns duns 4.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns casteláns. No segundo número temos o Refraneiro galego (PDF) de Xesús Taboada Chivite.
- Glosario dos erros léxicos e fraseolóxicos máis comúns. Elaborado pola USC.
- Dicionário de Fraseologia. Da AGAL, em galego reintegrado.
- Refráns e coplas populares da gaita e do gaiteiro (PDF), de Xesús Ferro Ruibal, editado polo Obradoiro de Gaitas Seivane.
- Refraneiro Galego. Case 10 mil refráns en galego.
- Portal de ditados tópicos galegos. Web do ILG que reúne os que tradicionalmente se denominan ditados tópicos, isto é, xentilicios, seudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou aos seus poboadores.
- Fraseoloxía visual. Vídeos de carácter didáctico sobre fraseoloxía en galego feitos pola USC.
- Refraneiro multilingüe. Selección de paremias españolas populares coa súa correspondencia en varias linguas, entre elas o galego. Elaborado pola RAE.
- Recursos dispoñíbeis parcialmente a través de Google Books: Dicionario fraseolóxico Século 21 castelán/galego e de correspondencias galego/castelán. Editorial Galaxia e Edicións do Cumio, 2007.
Corpus
- Recursos Integrados da Lingua Galega (RILG). Busca a palabra indicada en diferentes dicionarios, corpus e bancos de datos. Entre eles, o fabuloso Dicionario de dicionarios.
- Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente. Inclúe 1.958 obras de 704 autores e autoras, producidas todas elas entre 1612 e 2013.
- Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). Corpus das obras e coleccións documentais redactadas en romance galego na época medieval.
- Corpus Xelmírez. Corpus lingüístico da Galiza medieval do Instituto da Lingua Galega.
- Bases de datos do Centro Ramón Piñeiro. Encontra diferentes recursos e corpus na web do Ramón Piñeiro.
- Corpus Consumer. Corpus en español, galego, basco e catalán conformado por todos os números da revista de Eroski Consumer.
- Neoteca. Banco de datos de neoloxismos da Universidade de Vigo baseada no corpus Neo de prensa galega.
- Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. Base de datos léxica que permite o acceso a información contida en traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil.
- Gallaeciae Monumenta Historica. Repositorio web con máis de3 mil documentos do corpus medieval galego en latín, galego e castelán. Inclúe ensaios, estudos de contexto e referencias cruzadas.
Toponimia e xentilicios
- Nomenclátor de Galicia. Todos a toponimia galega na súa forma oficial. Aquí sobre un mapa e cun bo listado de publicacións con topónimos de diferentes áreas de Galiza.
- ITGM – Inventario Toponímico da Galicia Medieval. Formas medievais dos topónimos.
- Aquén. Ferramenta que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais galegos.
- Chamadeiros. Publicacións sobre microtopónimos recollidos polo Concello de Pontevedra nas súas parroquias. Aquí podes consultar o blogue sobre a recollida.
- Toponimia de Vigo. Actividades, libros e rutas do Concello de Vigo sobre microtoponimia do concello.
- Colección Toponimia do Val de Fragoso [PDF: Coia, Comesaña, Bembrive, Beade, Freixeiro e Sárdoma, Lavadores]. Libros e mapas da colección de toponima do Val do Fragoso, editados pola ANL da Universidade de Vigo en colaboración co SNL do Concello de Vigo.
- Asociación galega de onomástica. Asociación que ten o fin de impulsar traballos dedicados á conservación, divulgación e investigación dos nomes de persoas e de lugar.
- Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Obra de Xosé-Henrique Costas.
- Xentilicios do mundo e Xentilicios galego do Galizonario (Wiktionary).
- A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (PDF). Tese de Paulo Martínez Lema.
- Catalogación toponímica do Concello de Laxe (PDF). Obra de Xosé Vidal Pérez.
- Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal (PDF). Múltiples autores/as.
- Os nomes de lugar en Pontecesures (PDF). Obra de Begoña Campaña Potel.
- Toponimia de Agolada (PDF). Obra de Luz Méndez.
- Toponimia de Ames (PDF). Obra de Xosé Ramón López Boullón.
- Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). Obra de Paulo Martínez Lema.
- Toponimia de Carballo (PDF). Obra de Fernando Cabeza Quiles.
- Toponimia de Chandebrito (PDF). Obra de Carlos Gómes Costas e Xavier Groba González (coordinadores).
- Toponimia da Estrada (PDF). Obra de Fernando Cabeza Quiles.
- Toponimia do Concello de Friol (PDF). Obra de Laura Ferro Devesa.
- Toponimia do Concello de Lugo (PDF). Tese de Carlos Vázquez García.
- Toponimia de Trabada (PDF). Obra de Xulia Marqués Valea.
- Zas polo miúdo (PDF). Obra de Evaristo Domínguez e Xosé María Lema sobre toponimia de Zas.
Nomes e apelidos
- Guía de nomes galegos. Forma estándar (RAG-ILG) de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe correspondencias con outras linguas e dá datos sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
- Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG). Ferramenta para coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galiza.
- Caixa de apelidos, cos seus significados, da Mesa pola Normalización Lingüística.
- Caixa de nomes, cos seus significados, da Mesa pola Normalización Lingüística.
- 1000 nomes en galego. Traballo realizado por X. Henrique Costas González.
- Estatística de nomes dos neonatos galegos, nenas e nenos, ordenados por frecuencia de uso, segundo o Instituto Galego de Estatística. Moita Sofía e moito Mateo naceron no 2019!
- Ímoslle chamar. Escolma de nomes e apelidos con significado e orixe.
- Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (PDF) da Real Academia Galega. Libro cos 1.500 apelidos máis frecuentes en Galiza que facilita a corrección de formas deturpadas ou segundo o uso da normativa oficial.
- Apego. Que o seu nome sexa propio. Nomes en galego de muller e de home coas súas orixes e significados.
Linguaxe non sexista
- Criterios de linguaxe non sexista (PDF) da Universidade de Santiago de Compostela. Moi útil e completa.
- Linguaxe non sexista, pequena guía en liña elaborada pola Xunta de Galicia. [Adaptación do Diario Oficial de Galicia aquí.]
- Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria na Confederación Intersindical Galega (PDF), da CIG, con recomendacións xerais e exemplos.
- Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario (PDF), da Universidade de Vigo. Bastante completo e con moitos exemplos.
- Caderno de orientación sobre linguaxe administrativa neutra (PDF) da Deputación da Coruña.
- Linguaxe non sexista (PDF). Guía da Deputación da Coruña.
- Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria na administración pública, 2ª edición (PDF), da Xunta de Galicia.
- Guía de linguaxe non sexista do Concello de Cerceda, guía con exemplos prácticos para ámbitos administrativos.
- Corrector de linguaxe sexista: Exeria. Aplicación que corrixe algúns casos comúns de linguaxe sexista, intégrase no OpenOffice e funciona como un corrector.
- Linguaxe non sexista. Xunta de Galicia.
Varios
- Mapa sociolingüísticos de Galicia 2004. Mapas para a análise e o coñecemento da situación da lingua galega. Están dispoñíbeis tres volumes: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. V. I (PDF), Usos lingüísticos en Galicia. V. II (PDF), Actitudes lingüísticas en Galicia. V. III (PDF).
- LinguaKIT. Paquete de ferramentas lingüísticas e de extracción textual: conxugador, extractor multipalabra, resumidor, corrector…
- OrtoGal. So ese nome encontraremos un corrector ortográfico de galego en liña.
- Atlas Mundial Galego. Coñece o mundo cos topónimos en galego ILG-RAG.
- Port2gal. Queres pasar de portugués para galego ILG-RAG ou galego AGAL? Nada máis fácil!
- Galegobook. Espazo para difundirmos a bibliografía galega entre o público especializado e non tanto.
- Galnet. Léxico semántico para o galego con máis de 33 mil conceptos e de 50 mil formas léxicas relacionadas. Xunta palabras en grupos de sinónimos, dá definicións curtas,e almacena as relacións semánticas eses grupos de sinónimos.
- Axenda para escola infantil, de libre uso e en galego (ten versión ILG-RAG e AGAL).
- Contribución ao dicionario galego: O Léxico do Galego de Asturias (LeGa) (PDF). Tese de Carlos Xesús Varela Aenlle.
- Patrimonio Léxico da Gallaecia. Mapa que permite coñecer as diferentes unidades léxicas que serven para expresar unha serie de conceptos e visualizar a súa distribución territorial no noroeste da península ibérica.