O coidado no uso do idioma é un dos elementos principais que en MaOs temos en conta á hora de elaborar as nosas propostas, desenvolver proxectos, crear contidos ou mesmo ao publicar nas redes ou na nosa web. Mais o idioma non é apenas unha gramática ou unha ortografía, é tamén unha escolla e unha actitude.

O uso dunha linguaxe non sexista, ou igualitaria, é unha desas escollas que nos parecen fundamentais aínda que non sempre resulte doada de aplicar. A nosa educación e os usos predominantes nos medios de comunicación e na nosa sociedade fan con que ás veces a cabeciña bata contra muros e non encontre as construcións máis inclusivas, aquelas que non só fagan referencia a unha metade da poboación e exclúa ou agoche a outra.

Para axudarnos e axudar, engadimos ás listas de recursos en liña para o galego ILG-RAG e para o galego-português unha serie de manuais e utilidades con moitos exemplos e suxestións. Só tes que procurar “Linguaxe non sexista” / “Linguagem não sexista”. Oxalá vos resulten de utilidade!

Recursos para o galego (ILG-RAG)Recursos para o galego-português

 

Deixar unha resposta