O pasado 23 de febreiro realizouse a primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia do Concello de Teo. Este encontro enmárcase nas accións desenvolvidas polo Concello de Teo para a obtención do selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF e na vontade de mellorar as condicións das persoas menores de idade de Teo. Desde o mes de outubro de 2017 MaOs vén realizando diversos labores para axudar a alcanzar eses obxectivos. A nosa participación céntranse en dous aspectos fundamentais:

  • Na formación, mediante a realización de obradoiros sobre participación e informativos tanto para alumnado como profesorado dos colexios e para o alumnado do instituto, nas ANPAs e en asociacións.
  • No asesoramento, participando no deseño global da iniciativa, na elaboración da documentación precisa para a solicitude do selo (regulamento do CLIA e do FoPIA, memoria de actividades, diagnose participativa, plan de infancia) e coa asistencia ás primeiras reunións das mesas de coordinación interna e externa, do Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) e do  FoPIA (Foro de Participación da Infancia e da Adolescencia).

Deixar unha resposta