Este venres organizamos, dentro do proxecto A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra, un acto de presentación dos vídeos de “As mulleres de Santa María de Xeve“. Será ás 19h na Casa da Cultura de Santa María de Xeve.

MaOs leva varios anos participando neste proxecto levando a cabo diferentes tarefas, entre elas destaca o traballo de campo: realizamos entrevistas individuais e colectivas a mulleres de diferentes parroquias do concello. É destes encontros que nacen os vídeos que se presentan este venres 18.

Deixar unha resposta