Youtubeiras+

, ,
Deputación da Coruña e outras
2023-2025

 

En xuño de 2023 comezamos a coordinar e desenvolver o proxecto Youtubeiras+, tomando o relevo das nosas amigas da Illa Bufarda, que tan ben guiaron o proxecto e que alto deixaron o listón!

Youtubeiras+ é unha iniciativa para a promoción do talento en galego nas redes. Trátase dun programa colaborativo, organizado por diversos concellos, a Deputación da Coruña e as universidades galegas, que incialmente se centrou en YouTube mais na actualidade abarca a totalidade das redes sociais. O seu obxectivo principal é fomentar e visibilizar o uso do galego nas redes sociais, e para iso realiza obradoiros por todo o territorio e convoca os premios Youtubeiras+ que valoran as canles en galego desde distintas categorías e con importantes premios.

Para a edición de 2024 creamos tamén unha nova páxina web para o proxecto: https://youtubeiras.gal/

Imaxes da edición 2024
Imaxes da edición 2023