Nos anos 2014 e 2015, Maos levou a cabo o proxecto de salvagarda da historia das mulleres para o Concello de Arzúa, por medio da recollida de campo de memoria oral e material fotográfico.
Esta proposta procura favorecer a recuperación, valorización e conservación da memoria das mulleres, e ten os obxectivos a seguir:
- Visibilizar e dar a coñecer o papel da muller traballadora.
- Conservar a memoria oral e fotográfica das mulleres do concello.
- Dinamizar a memoria das mulleres á vez que pór en valor as súas experiencias á hora de construír a historia e memoria local.
- Favorecer unha autopercepción positiva entre as mulleres maiores do concello.
- Ofrecer espazos de intercambio e lecer ás mulleres maiores do concello á vez que contribuír a pór en valor as súas achegas á comunidade.
