En Maos deseñamos diversos paseos literarios e culturais tanto por encarga como por iniciativa propia. Guiamos sesións destes paseos para múltiples entidades e eventos (concellos de Santiago e Pontevedra, Xunta de Galicia, Biblioteca Ánxel Casal, Asociación Vedesma, EOI, FIARE, Semente, centros de ensino, congresos etc.).
Estes paseos creámolos orixinalmente en galego, aínda que tamén se poden solicitar en castelán (a dispoñibilidade doutros idiomas varía, consultádenos sen compromiso!), dispomos de radioguías propios para facilitar a audición e ofrecemos servizos complementarios (xestión de inscricións, creación dun mapa dixital do paseo etc.). Falamos?
Paseo deseñados por Maos
Ruth e o Leviatán
Paseo sobre a fotógrafa Ruth Matilda Anderson e as súas estancias en Compostela e en Galiza.
Descubre +info.
Localidade: Compostela | Paradas: 12 | Duración aprox.: 2 h
Compostela e as orixes da lingua
Andaina sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega.
Descubre +info.
Localidade: Compostela | Paradas: 12 (10 para IES) | Duración aprox.: 2 h (1:30 h para IES)
O SEG e Compostela
Paseo homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, centrado na súa historia e evolución.
Localidade: Compostela | Paradas: 9 | Duración aprox.: 1:45 h
A Inquisición e Compostela
Percorrido pola historia do Santo Oficio en Compostela. Paseo elaborado dentro do proxecto Compostela en conflito.
Descubre +info.
Localidade: Compostela | Paradas: 9 | Duración aprox.: 1:45 h
Compostela exiliada
Visión panorámica do éxodo tanto cultural como político que supuxo a vitoria franquista.
Localidade: Compostela | Paradas: 11 | Duración aprox.: 1:45 h
Emilia Pardo Bazán e Estela
Paseo que percorre espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán.
Localidade: Compostela | Paradas: 10 | Duración aprox.: 1:45 h
Cinema(tógrafo)s de Compostela
Percorrido pola historia das proxeccións en Compostela, da primeira exhibición do cinematógrafo á actualidade.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Compostela Filmada
Visión panorámica das principais rodaxes onde a cidade ten protagonismo.
Localidade: Compostela | Paradas: 10 | Duración aprox.: 1:30 h
Scórpio e Carvalho Calero en Compostela
Paseo que rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través do seu romance ‘Scórpio’.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Compostela (d)escrita
Paseo que pon o foco na relación entre literatura e universidade desde “A Casa da Troia” até finais do século XX. Dispón de versión diúrna e nocturna.
Localidade: Compostela | Paradas: 12 | Duración aprox.: 1:45 h
O levantamento de 1846
Paseo sobre os eventos acontecidos en abril de 1846, cando Compostela se transforma no escenario dunha cruenta batalla.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Mulleres de Compostela no séc. XX
Paseo que percorre aspectos biográficos de mulleres que deixaron pegada na sociedade compostelá do s.XX.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Isaac Díaz Pardo e Compostela
Paseo en homenaxe ao compostelán Isaac Díaz Pardo, a quen se dedicou en 2025 o Día das Artes de Galicia.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Ruta Antonio Fraguas e a Compostela Insólita
Paseo que percorre espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Antonio Fraguas.
Localidade: Compostela | Paradas: 7 | Duración aprox.: 1:30 h
(Re)coñecendo a Xela Arias
Paseo sobre Xela Arias, muller comprometida coa lingua e coas letras e protagonista do Día das Letras Galegas en 2021.
Localidade: Compostela | Paradas: 7 | Duración aprox.: 1:30 h
Historia das nosas rúas: as Casas Reais
Viaxe diacrónica pola historia da rúa das Casas Reais. En colaboración co guía oficial Xosé Antón. G. Serén.
Descubre +info.
Localidade: Compostela | Paradas: 9 | Duración aprox.: 1:30 h
O Día das Letras Galegas e Compostela
Paseo que repasa a historia do Días das Letras Galegas, prestando especial atención á relación coa cidade.
Localidade: Compostela | Paradas: 9 | Duración aprox.: 1:30 h
O nadal e Compostela
Paseo con versión familiar e nocturna sobre a festividade ao longo do tempo e até hoxe.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
Carlos Casares e Compostela
Paseo que percorre espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Carlos Casares.
Localidade: Compostela | Paradas: 8 | Duración aprox.: 1:30 h
As Irmandades da Fala e Compostela
Seguimos as pegadas das Irmandades para coñecer aos seus e súas principais protagonistas así como ter unha visión xeral do que foi e supuxo este movemento.
Localidade: Compostela | Paradas: 10 | Duración aprox.: 1:45 h
Paseo-recital de homenaxe a Manuel María
Paseo-recital e concerto en homenaxe a Manuel María. A homenaxe centrouse na relación do autor Compostela a través da obra “Poemas a Compostela”.
Descubre +info.
Localidade: Compostela



