Paseo-recital de homenaxe a Manuel María no Día das Letras Galegas

O 17 de maio MAOS organizou un paseo-recital e un concerto en homenaxe a Manuel María polo Día das Letras Galegas de 2016 para o Concello de Santiago. A homenaxe centrouse na relación do autor con Santiago de Compostela a través da súa obra “Poemas a Compostela”. O paseo comezou ás 17h na Praza do […]

Read more
Exposición polo centenario das Irmandades da Fala

O día 18 de maio de 2016 inaugurouse nas rúas de Compostela unha exposición, creada por MAOS Innovación Social coa colaboración do editor Xosé Antón González Serén e o deseño de Miguel Durán, para o Concello de Santiago, sobre as Irmandades da Fala con motivo do seu centenario. Neste mesmo día do ano 1916 constituíase […]

Read more
Poesía e deporte

MAOS deseñamos e coordinamos no ano 2017 para o Concello de Pontevedra o proxecto piloto “Poesía e deporte”, o cal naceu coa vontade de promover a relación entre a poesía e o deporte, de forma que se apoien mutuamente para obtermos novo pulo creativo á vez que se faciliten espazos de interacción entre ambas as […]

Read more
Feira ComeOurense

MAOS coordinou nos meses de marzo a xuño de 2015 a Feira Come Ourense, creada polo Concello de Ourense a través da súa iniciativa Come Ourense, co obxectivo de promover os produtos locais de alimentación, tanto frescos como elaborados. A feira, de carácter mensual e itinerante, realizouse en diferentes lugares do concello. A primeira feira […]

Read more
Documental sobre a feira de San Martiño de Francos

O sábado 2 de decembro de 2017 estreouse o documental sobre a feira de San Martiño de Francos que elaboramos conxuntamente con Pilar Abades – Fotógrafa e creadora audiovisual para o Concello de Teo. [Nova relacionada] O documental pódese ver na nosa canle de YouTube:

Read more
Arrolos de Rianxo

Traballo de recollida de arrolos tradicionais no Concello de Rianxo.

Read more
Salvagarda da historia das mulleres de Arzúa

Nos anos 2014 e 2015, MAOS levou a cabo o proxecto de salvagarda da historia das mulleres para o Concello de Arzúa, por medio da recollida de campo de memoria oral e material fotográfico. Esta proposta procura favorecer a recuperación, valorización e conservación da memoria das mulleres, e ten os obxectivos a seguir: Visibilizar e dar […]

Read more
A Memoria das Mulleres

A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que quere construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.

Read more
Paseos literarios e culturais

En MAOS deseñamos diversos paseos literarios e culturais. Os paseos mencionados a seguir creámolos principalmente por encarga da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago e guiámolos desde 2016 e até a actualidade tanto para o Concello como para outras entidades (Escola Oficial de Idiomas, en francés e inglés, FIARE, Semente, centros de ensino, […]

Read more