De agosto de 2015 a marzo de 2016 a UTE conformada polas cooperativas Feitoría Verde e MAOS Innovación Social realizamos un proxecto precioso na Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e que nos motivou moitísimo! A licitación denominouse:

Servizo para o estudo, análise, diagnostico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2007-2013

Resultados deste proxecto foron, entre outros, o libro Estudo sobre o patrimonio cultural da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés [avance en PDF], unha guía divulgativa, un mapa, unha exposición, obradoiros de BD nos centros de ensino, unha publicación dos BD resultantes, o deseño e sinalización de tres rutas de sendeirismo e dous documentais dispoñíbeis online: Patrimonio Habitado e De porta en porta.