Do mes de outubro de 2017 e até a actualidade, MAOS leva realizando diversas actividades no Concello de Teo para axudar á obtención e mantemento do selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF (obtido en 2018). Os labores de MAOS céntranse en dous aspectos fundamentais:
- Na formación, mediante a realización de obradoiros sobre participación e informativos tanto para alumnado como profesorado dos colexios e para o alumnado do instituto, nas ANPAs e en asociacións.
- No asesoramento, participando no deseño global da iniciativa, na elaboración da documentación precisa para a solicitude do selo (regulamento do CLIA e do FoPIA, memoria de actividades, diagnose participativa, plan de infancia) e coa asistencia ás primeiras reunións das mesas de coordinación interna e externa, do Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) e do FoPIA (Foro de Participación da Infancia e da Adolescencia).