MAOS creou e mantivo en dúas etapas a canle temática ‘Economía Social TIC Galicia-Norte de Portugal’ para a Unión de Cooperativas EspazoCoop: no último trimestre do ano 2017 e ao longo de todo o ano 2019.

O servizo consiste na xeración e dinamización dunha canle temática de redes sociais para xerar “virais” na difusión da Economía Social como xeradora de emprego de calidade e adaptada ao seu contorno socioeconómico no sector TIC:

Os obxectivos son:

  1. Crear e dinamizar unha canle temática onde se poña en valor a economía social no sector da cultura e adaptar os novos contidos ás diferentes redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, Whatsapp e Telegram.
  2. Planear a estratexia de comunicación desas subcanles.
  3. Crear unha estética e un nome específicos da canle, de cara a que resulten de interese e identificadores da canle e en relación co proxecto LACES e os seus obxectivos globais.
  4. Crear e diseminar contidos atractivos potencialmente “virais” e relacionados coa economía social como xeradora de emprego de calidade e adaptada á súa contorna socioeconómica no sector TIC, e adecuadas ás diferentes redes sociais.
  5. Transmitir os principios da economía social, de xeito innovador.
Logo creado para o proxecto.