De outubro de 2017a maio de 2019 Maos realizamos un proxecto de comunicación coa mocidade para o Concello de Teo. Entre as diversas accións que se incluíron están a creación e xestión das redes sociais de Mocidade Teo ou un concurso de fotografía con dispositivos móbiles, #OMeuTeo, que no ano 2018 tivo a súa segunda edición (regulamento). No concurso podían participar todas as persoas de entre 12 a 25 anos cun máximo de 3 fotografías por persoa, na primeira edición sobre os seus recunchos favoritos do Concello de Teo e na segunda sobre a Feira do San Martiño de Francos.
Máis información no Instagram de MocidadeDeTeo.