Proxecto desenvolvido nos anos 2020, 2021 e 2022 para o Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía cinematográfica de Santiago de Compostela, onde se dea protagonismo ás rodaxes realizadas na capital galega.

Os resultados da investigación deron como resultado a web CompostelaFilmada.gal, en constante actualización, a cal quere dar unha visión panorámica sobre o cinema e a nosa cidade, para o cal ofrece un paseo virtual polas nosas rúas e outro polas salas de cine históricas, completado cunha bibliografía, con biografías, con liñas do tempo (Cronoloxía CF, Historia Filmada e O cineclubismo en Compostela) e cun inventario, e que se ve acompañado de entrevistas a persoas do mundo do cinema, novas e artigos. Compiláronse tamén carteis, trailers e vídeos completos de filmes, series, curtametraxes e documentais rodados en Santiago de Compostela ou onde é protagonista principal.

Esta web acompañouse ao longo de 2021 e 2022 de rutas guiadas polas rúas da cidade.

Deixar unha resposta