MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega colaborou co Museo do Pobo Galego na preparación das edicións do Café da Memoria de Gandeiras, Traballar en casa allea e Traballadoras da Conserva que organiza esta institución. A participación de MAOS centrouse en contactar e entrevistar posibles participantes e tamén contribuíu a elaborar o guión do encontro.

En 2016 celebrouse o Café da Memoria de homenaxe ás Gandeiras, encontro que contou coa participación de Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei (gandeiras de profesión) e que foi moderado por Lara Barros.

No ano seguinte a temática abordada foi a das mulleres que foron Traballar en casa allea. Nesta ocasión, o café contou coas intervencións de Arsenia Suárez Nieto, Manuela Viqueira Turnes, Esther Iglesias Gil e Carmela Casal Ruibal e foi moderado pola nosa compañeira Alba Otero.

A edición de 2018 estivo dedicada ás Traballadoras da conserva e da súa experiencia falaron Dolores García Martínez, María Cabrejo Soto, Isabel Barcia Gerpe e Elsa Torres Citoula. A mesa estivo moderada nesta ocasión por Encarna Otero.

Deixar unha resposta