Compostela Literaria

Proxecto creado entre 2022 e 2023 para o Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía literaria de Santiago de Compostela, que ofrece unha visión panorámica da relación entre a nosa cidade e a literatura. Artellada ao estilo dunha guía, a web compostelaliteraria.gal comprende tanto un mapa literario como unha mostra de obras, autoras e […]

Read more
Ciclo de roteiros: Historia das nosas rúas

Desde MAOS lanzamos en decembro de 2022 unha iniciativa propia, en colaboración co guía profesional Xosé Antón G. Serén: o ciclo de roteiros ‘Historia das nosas rúas’. A actividade consiste nun roteiro para coñecer a historia dunha rúa compostelá, sendo as Casas Reais a escollida para a primeira edición. Cada roteiro terá versión online e […]

Read more
‘A forza en nós’

Proxecto desenvolvido no ano 2021 para a Concellaría de Benestar Social, Diversidade e Igualdade do Concello de Rianxo consistente na realización dunha publicación dixital sobre biografías de mulleres do concello. Realizamos os labores de coordinación, entrevistas e creación de textos, e contamos co deseño de Xiana Iglesias e as fotografías de Verónica Ramilo.

Read more
Mitoloxía da provincia da Coruña

A web ‘Mitoloxía.gal‘ ofrece, nesta primeira fase, contidos divulgativos e pedagóxicos sobre a mitoloxía da provincia da Coruña. É unha iniciativa de MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Principais obxectivos do proxecto: Divulgar a mitoloxía da provincia, como parte fundamental do seu patrimonio cultural inmaterial, da nosa […]

Read more
Compostela Filmada

Proxecto desenvolvido nos anos 2020, 2021 e 2022 para o Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía cinematográfica de Santiago de Compostela, onde se dea protagonismo ás rodaxes realizadas na capital galega. Os resultados da investigación deron como resultado a web CompostelaFilmada.gal, en constante actualización, a cal quere dar unha visión panorámica sobre o […]

Read more
Creación da web Agantro.org

De finais de 2019 a marzo de 2020 deseñamos e creamos a web da Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro): agantro.org Esta web foi creada en WordPress atendendo á necesidade de facilidade de uso e actualización requirida pola Agantro, e acompáñase de mantemento e formación.

Read more
Colaboración en diversos Cafés da Memoria do Museo do Pobo Galego

MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega colaborou co Museo do Pobo Galego na preparación das edicións do Café da Memoria de Gandeiras, Traballar en casa allea e Traballadoras da Conserva que organiza esta institución. A participación de MAOS centrouse en contactar e entrevistar posibles participantes e tamén contribuíu a elaborar o guión do encontro. En […]

Read more
Revista MaOs

A Revista MaOs foi unha iniciativa da nosa cooperativa e que lanzamos nos anos 2015 e 2016. A nosa vontade foi que nos axudase a situarnos no panorama do momento e a estabelecer relacións con outras iniciativas. Pensamos que o conseguimos! Talvez algún día a revista volte, quen sabe… Revista MaOs nº1 O número de […]

Read more
Asociación Granxa de Servizos

A Granxa de Servizos foi a nosa primeira iniciativa: ideamos e lanzamos a creación desta asociación de profesionais e pequenas empresas de diferentes ámbitos co obxectivo de promover  a colaboración e o apoio mutuo, enriquecendo, ao mesmo tempo, as iniciativas e servizos ofertados polas entidades e persoas asociadas. Constituída legalmente desde o mes de maio do ano 2012, encóntrase en fase […]

Read more
Plan de comunicación, captación de proxectos e selección para espazos efémeros (POP UP’s) do PROXECTO LACES

Ao longo do ano 2019 MAOS realiza o plan de comunicación e difusión por cada unha das edicións do programa POP UP do proxecto LACES, organizado por EspazoCoop, co obxectivo de captar proxectos participantes así como dar a coñecer a súa realización ao público xeral. O primeiro POP Up realizouse no mes de abril no […]

Read more