Dereito de información

Para os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e á Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase a persoa usuaria da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado por Maos Innovación Social, S. Coop. Galega e baixo a súa responsabilidade cos datos persoais que nos puidese facilitar durante a navegación polo noso sitio web ben no momento do seu rexistro ou cando remita unha mensaxe de correo electrónico.

Responsábel de tratamento:
• Denominación social: Maos Innovación Social, S. Coop. Galega
• Nome comercial: Maos
• CIF: F70407549
• Domicilio social: AVDA RODRIGUEZ DE VIGURI 6 1, 15703 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)
• Teléfono: 694 401 505
• Correo electrónico para efectos de comunicación: maos@maos.gal

Finalidade do tratamento:

Indicámoslle que a finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios estabelecidos na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.

Lexitimación:

Artigo 6.1.a) do RGPD. A persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Conservación e tratamento dos datos:

Os seus datos serán conservados durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, coa condición de que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posíbeis responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a cal os datos foron solicitados. En caso de ser necesario, Maos Innovación Social, S. Coop. Galega cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.
Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal.
Maos Innovación Social, S. Coop. Galega non elaborará ningún tipo de “perfil”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.
De acordo co que estabelece a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitaremos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.
Vostede ten dereito a oporse e/ou retirar o consentimento ao tratamento dos datos indicados anteriormente, no seu caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsábel do tratamento no/s enderezo/s indicado/s.

Medidas técnicas e organizativas

Maos Innovación Social, S. Coop. Galega adopta as medidas técnicas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoabelmente fiábeis e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguranza dos seus datos e garantir a súa privacidade. Con todo, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.
Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas con relación aos tratamentos de datos persoais.
No caso dos contratos que subscribimos cos nosos fornecedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tivesen acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.
Todas estas medidas de seguranza son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.
Con todo, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrábel polo que, no caso de calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha fenda de seguranza, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, no seu caso, a aquelas persoas usuarias que se puideron ver afectadas para que tomen as medidas adecuadas.

Dereitos

A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsábel do tratamento no enderezo anteriormente mencionado, ou por correo electrónico a maos@maos.gal, anexando copia do seu DNI ou documento equivalente. Caso non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesíbeis en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.