Blog

Paseos sobre Emilia Pardo Bazán e Xela Arias

Xela Arias e Emilia Pardo Bazán

MAOS deseñou os paseos ‘Emilia Pardo Bazán e Estela’ e ‘(Re)coñecendo a Xela Arias’ para a área de Cultural do Concello de Santiago e guiará tres sesións de cada paseo en maio de 2021:

  • Os días 12, 13 e 14 de maio realizaranse sesións ás 18h de ‘Emilia Pardo Bazán e Estela‘. Paseo que percorre espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán, en homenaxe polo centenario do seu falecemento. Punto de partida: Rúa do Campiño de San Francisco (na entrada ao Cemiterio do Convento de San Francisco).
  • Os días 15, 16 e 17 de maio, tamén ás 18h, realizaranse sesións de ‘(Re)coñecendo a Xela Arias‘. Paseo para (re)coñecer unha muller comprometida coa lingua e coas letras e protagonista do Día das Letras Galegas de 2021. Editora, tradutora, poeta rupturista e mestra, coa súa voz, transgresora e única, pretendía romper coas desigualdades e dignificar a nosa lingua. Punto de partida: Praza de Fonseca (na fonte)

Inscrición obrigatoria: paseos.compostela@maos.gal | Prazas limitadas: 20 persoas por sesión

[Imaxe: Xela Arias e Emilia Pardo Bazán (fotocomposición propia sobre fotografía orixinal de Xela Arias realizada por Xulio Gil)]