Na SELIC 2022 guiaremos dous paseos deseñados por MAOS para o proxecto Compostela Filmada, que creamos e desenvolvemos para o Concello de Santiago de Compostela:

  • Mércores, 15 xuño. Roteiro. Cinema(tógrafo)s de Compostela. Hora de inicio: 16:30h. Lugar: R/ Algalia de Abaixo, 24. Percorrido pola historia das salas de proxección en Compostela, da primeira exhibición do cinematógrafo ás actuais salas de reprodución dixital. A andaina concluirá na Praza do Toural, onde se presentará o Mapa de Cinema(tógrafo)s de Compostela (Concello de Santiago de Compostela), que se repartirá entre as persoas asistentes.
  • Xoves, 16 Xuño, 2022. Roteiro. Compostela Filmada. Hora Inicio: 16:30h. Lugar: Praza da Inmaculada, nº1. Percorrido que evidencia a rica vinculación entre a cidade e o mundo do cinema, ofrecendo unha visión panorámica das principais rodaxes onde Compostela ten protagonismo.

Ambos os paseos sen inscrición previa. Límite de radioguías, das que gozarán as primeiras trinta persoas participantes.

http://selic.gal/

Deixar unha resposta