MAOS guiaremos dous paseos dentro da programación da Semana do Libro de Compostela – SELIC 2021:

  • Día 15/09 ás 17h: Compostela Filmada. Percorrido pola rica vinculación de Compostela co mundo do cinema que ofrece unha visión panorámica tanto dos lugares de proxección como de rodaxes onde a nosa cidade ten protagonismo.
  • Día 16/09 ás 17h: Emilia Pardo Bazán e Estela. Paseo pola vida de Emilia Pardo Bazán, en homenaxe polo centenario do seu falecemento, percorrendo espazos da cidade relacionados tanto coa autora como coa súa obra.

Inscrición | Obrigatoria, enviando un correo paseos.compostela@maos.gal indicando paseo, nº de prazas solicitadas, nome e teléfono de contacto.

Prazas limitadas | 30 persoas por sesión.

Recomendamos chegar uns minutos antes xa que repartiremos radioguías para facilitar a audición. Por cuestións de hixiene, coas radioguías repartiremos auriculares dun só uso, mais por ecoloxía o ideal é que cada persoa traia os seus propios auriculares.

Deixar unha resposta