MAOS guiaremos tres paseos dentro da programación da SELIC 2020. Trátanse dalgúns dos roteiros que deseñáramos nestes últimos anos para a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e dos cales faremos unha nova sesión:
- Segunda feira, 12 de outubro: Scórpio e Ricardo Carvalho Calero en Compostela. Paseo que rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero utilizando o seu romance ‘Scórpio’ como guía para percorrer espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra e o seu tempo.
- Terza feira, 13 de outubro: Paseo sobre as Irmandades da Fala en Compostela. Seguimos as pegadas das Irmandades da Fala en Compostela, para coñecer aos seus e súas principais protagonistas así como ter unha visión xeral do que foi e supuxo este movemento.
- Cuarta feira, 14 de outubro: Paseo sobre Isaac Díaz Pardo e Compostela. A través de diversos lugares de Compostela ligados á súa vida, este paseo axúdanos a coñecer a biografía e traxectoria de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento.
Hora de inicio: 18h | Punto de partida: Xardíns de Fonseca
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 647 883 638)
*** Repartiranse radioguías en todas as sesións para facilitar a audición (aínda que nós podemos darvos auriculares dun só uso, por ecoloxía recomendamos que traiades os vosos propios auriculares reutilizábeis. Obrigadas!)