Neste 2022 cúmprense 200 anos do nacemento de Antolín Faraldo (1822-53), figura fundamental do levantamento de 1846 no cal a nosa cidade tivo un protagonismo especial. Entre as accións programadas polo Concello de Santiago de Compostela para conmemorar este bicentenario está o paseo guiado ‘O levantamento de 1846’, deseñado e guiado por MAOS, no cal se porán en relación diversos espazos da cidade cos eventos acontecidos ao longo dese fatídico abril de 1846 en que as rúas de Compostela acaban por converterse no escenario dunha cruenta batalla.

Ofreceranse 5 sesións gratuítas nos días 21, 22, 23 (dobre sesión) e 24 de abril, datas que coinciden cos últimos momentos do levantamento e coa batalla final que se desenvolveu na nosa cidade. A inscrición é obrigatoria enviando nome, teléfono de contacto e número de prazas ao correo paseos.compostela@maos.gal. Acéptanse inscricións a partir do 4 de abril e até o día antes de cada sesión.

Datas e horarios:

  • Xoves 21 de abril, 20 horas.
  • Venres 22 de abril, 20 horas.
  • Sábado 23 de abril, sesións ás 12 e ás 19 horas.
  • Domingo 24 de abril, ás 12 horas.

Deixar unha resposta