Os días 28, 29 e 30 de marzo guiaremos o paseo ‘Mulleres de Compostela do século XX’, que percorre aspectos biográficos de mulleres que deixaron pegada na sociedade compostelá do século XX en diferentes ámbitos. Alén de salientar a importancia destas mulleres, quérese, a través do seu exemplo, pór en dúbida o que sabemos da nosa historia, cuestionando os seus límites e limitacións. Ao longo de oito paradas irán destacándose perfís de diferentes ámbitos, como a política, a ciencia ou as artes, sen esquecermos algunhas visitantes ilustres. Descubriremos momentos da vida de Elvira Santiso, Concha Castroviejo, María Tobío, Pura Lorenzana ou de Pilar Pereira, mais tamén de Ottilia Ulbricht ou Margot Sponer.

Este paseo está inserido no programa Artellando Feminismo do Concello de Santiago.

Ofreceranse 3 sesións nos días 28, 29 e 30 de marzo. A inscrición é obrigatoria enviando nome, teléfono de contacto e número de prazas ao correo paseos.compostela@maos.gal ou chamando ao 694 474 166 (de 8h a 13h). Acéptanse inscricións até o día antes de cada sesión.

  • Datas e horarios: días 28, 29 e 30 de marzo. Todas as sesións son ás 19:30 horas. A duración aproximada é de 1 hora e media.
  • Punto de saída: Fronte ao Instituto Rosalía de Castro.
  • Inscrición: Obrigatoria, enviando un correo paseos.compostela@maos.gal co nome, teléfono de contacto e nº de prazas. A inscrición é gratuíta. Acéptanse inscricións até o día antes de cada sesión.
  • Prazas limitadas: 30 persoas por sesión.
  • Para estes paseos recomendamos chegar uns minutos antes xa que repartiremos radioguías para facilitar a audición. Coas radioguías repartiremos auriculares dun só uso, mais por ecoloxía recomendamos que cada persoa traia os seus propios auriculares.

Deixar unha resposta