Blog

Paseo ‘Compostela exiliada’, do 16 ao 18 de maio

No Día das Letras Galegas de 2022 será homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, quen tivo que exiliarse en México tras a Guerra Civil. Con este motivo, a Área de Cultura do Concello de Santiago quere render homenaxe a diversas personalidades que tamén sufriron o exilio tras o 18 de xullo de 1936 e que tiñan grande relación con Compostela. Algúns exemplos son Concha Castroviejo, Arturo Cuadrado, Luís Seoane, María Tobío ou Eugenio Granell. O obxectivo é dar unha visión panorámica do éxodo tanto cultural como político que supuxo a vitoria franquista en Compostela. Paseo deseñado e guiado por MAOS Innovación Social.

Ofreceranse 3 sesións nos días 16, 17 e 18 de maio. A inscrición é obrigatoria enviando nome, teléfono de contacto e número de prazas ao correo paseos.compostela@maos.gal ou chamando ao 694 474 166 (de 8h a 13h).

  • Datas e horarios: días 16, 17 e 18 de maio. Todas as sesións son ás 19 horas. A duración aproximada é de 1 hora e media.
  • Inscrición: Obrigatoria, enviando un correo paseos.compostela@maos.gal co nome, teléfono de contacto e nº de prazas. A inscrición é gratuíta.
  • Prazas limitadas: 30 persoas por sesión.
  • Para estes paseos recomendamos chegar uns minutos antes xa que repartiremos radioguías para facilitar a audición. Coas radioguías repartiremos auriculares dun só uso, mais por ecoloxía recomendamos que cada persoa traia os seus propios auriculares.