MaOs creou un novo recurso libre: o Mapa de Mercados Ecolóxicos de Galiza. Compilamos nel os mercados e feiras onde se venden produtos ecolóxicos de forma maioritaria ou onde teñen presenza destacada.

Apenas recollemos aquelas iniciativas que se repitan no tempo, sexa cal for a súa temporalización (hainos semanais, quincenais, mensuais, estacionais e anuais). Oxalá vos sexa útil! Tamén podes reutilizar o mapa ao teu gosto.

Se tes máis información ou algunha actualización podes enviárnola a maos@maos.gal

Mapa

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: