En Maos elaboramos en outubro de 2023 o noso “Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual, o acoso por razón de sexo e outras condutas contrarias á liberdade sexual e a integridade moral no ámbito laboral“.

Con este protocolo, manifestamos a nosa tolerancia cero ante a concorrencia na cooperativa de condutas constitutivas de acoso sexual, acoso por razón de sexo ou contrarias á liberdade sexual e á integridade moral.

Para estes efectos, Maos ao comprometerse coas medidas que conforman este protocolo, manifesta e publicita a súa vontade expresa de adoptar unha actitude proactiva tanto na prevención destas condutas – sensibilización e información de comportamentos non tolerados pola empresa – como na difusión de boas prácticas e implantación de cantas medidas foren precisas para xestionar as denuncias ou reclamacións que a este respecto poidan ser propostas, así como para resolver segundo proceda en cada caso.

A caixa de correo electrónico no que se poden presentar as denuncias ou reclamacións destas condutas é apoio@maos.gal. Só a persoa designada para tramitar o protocolo terá acceso aos correos que para eses efectos se remitan. No ANEXO I da versión en PDF do plan pode encontrarse un modelo de denuncia ou reclamación.

Plan en versión PDF:

Deixar unha resposta