MAOS é oficialmente desde marzo de 2020 cooperativa sen fins lucrativos (sen ánimo de lucro)!
Desde 2011 a Lei de Cooperativas prevé a existencia das cooperativas sen ánimo de lucro, as cales “polo seu obxecto, actividade e criterios económicos de funcionamento acrediten a súa función social”. Acreditan esa función “as cooperativas que teñan por obxecto a mellora da calidade e condición da vida da persoa, considerada de forma individual e colectiva”. Como entidade sen fins lucrativos non poderemos distribuír entre as persoas socias os resultados positivos dun exercicio económico e, ademais, os cargos do Consello Reitor non cobraremos retribución ningunha polo noso labor.
Unímonos a unha lista de cooperativas sen fins lucrativos que non deixa de medrar: Cestola na Cachola, Trespés, Cousas da Terra, Numax, Plano Pementa, Mulleres Colleiteiras, Catro Ventos, Habitat Social, Fabspace Coop…