Blog

Léxico de costureiras

O traballo de MAOS para o proxecto A Memoria das Mulleres, do Concello de Pontevedra, continúa a dar froitos ben gorentosos! Desta vez lanzamos o ‘Léxico de costureiras‘, un traballo realizado con costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve que recolle e documenta o vocabulario profesional deste oficio tradicionalmente invisibilizado. Grazas a todas elas por todo o tempo que nos dedicaron!

Podes acceder a el aquí.