Xa está en aberto ‘Compostela Filmada‘, proxecto realizado e coordinado por MAOS para a área de Cultura do Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía cinematográfica de Santiago de Compostela, onde se dea protagonismo ás rodaxes realizadas na capital galega.

Os resultados da investigación deron como resultado a web CompostelaFilmada.gal, en constante actualización, a cal quere dar unha visión panorámica sobre o cinema e a nosa cidade, para o cal ofrece un paseo virtual polas nosas rúas e outro polas salas de cine históricas, completado cunha bibliografía, con biografías, con liñas do tempo (Cronoloxía CF, Historia Filmada e O cineclubismo en Compostela) e cun inventario, e que se ve acompañado de entrevistas a persoas do mundo do cinema, novas e artigos. Compiláronse tamén carteis, trailers e vídeos completos de filmes, series, curtametraxes e documentais rodados en Santiago de Compostela ou onde é protagonista principal.

Esta web acompañarase ao longo de 2021 dunha ruta guiada polas rúas da cidade.

Deixar unha resposta