Blog

Inauguramos unha nova etapa en MAOS!

A nosa cooperativa cumpriu 5 anos en abril deste 2019 e decidimos que chegara o momento de nos reformular e de repensarmos como empresa. Neste proceso resultou fundamental relembrar que MAOS naceu como espazo no cal levar a cabo proxectos cos cales nos identifiquemos e dos cales desfrutemos. E a que conclusións chegamos? Pois…

  • Que os nosos servizos precisaban dunha revisión. Feito!
  • Que nos apetecía unha nova estética para esta nova etapa! Feito!
  • Que non era sen tempo que retocásemos a nosa web. Feito!
  • Que era hora de dar a cara e deixarnos ver. Feito!
  • E outras cousas que se irán descubrindo co tempo… Por facer! 😉

Nesta nova etapa somos dúas persoas socias, María Abelleira e Óscar Senra. Á nosa antiga compañeira, Xiana Iglesias, desexámoslle o mellor do mellor nas súas novas aventuras.

[Fotografía de Pilar Abades. Moitas grazas!]