Aínda queda verán por diante e festas estivais por celebrar e descubrir. Para todas as que teñades suficiente de festexos gastronómicos, presentámosvos una mini-lista de festas cun pouso patrimonial e etnográfico que están por chegar. Collede axenda e mapa!

  • O agro galego rexeuse durante moitos anos pola forza do traballo comunitario. A malla forurali unha das actividades que se levaron adiante grazas á colaboración entre veciños e que hoxe se rememora con festas en moitos pobos da Galiza. Como manda a tradición estas festas celébranse no verán, época de seitura e a malla. Os que xa non chegastes a tempo para a festa do Grove aínda podedes asistir o 24 de agosto á de Meira, Lugo.
  • Tamén son moitos os fachos que se acenden nas noites de verán: lume en procesión na escuridade para espantar o mal ou as dores. Se o teu é o de moas pódese remediar en Carballeda de Avia, onde cada noite de San Lourenzo acódese a Veronza e danse nove voltas arredor da capela do San Lourenzo co tronco ou unha rama de piñeiro ardendo ó lombo.
  • Pagán e relixioso, unha combinación presente e persistente nas nosas festas que podemos apreciar en Celanova, na celebración da Virxe do Cristal de Celanova. Lévase a virxe en procesión ao encontro das figuras de San Roque e San Sebastián, sendo nese momento cafitasndo se interpreta a “Danza do Trenzado”, na que as fitas de cores suxeitas ao alto dun poste son portadas polos danzantes que con movementos harmónicos e coordinados conseguen tecer unha trenza que, tal e como se fixo, se desfará.
  • A procesión das mortallas da Pobra do Caramiñal é de ver polo menos unha vez na vida. Unha cita que non deixa indiferentes ao seu paso. Consiste no desfilar de féretros, acompañados de quen puidera ter rematado dentro, mais superou unha enfermidade grazas a encomendarse ao Nazareno. Xunto del os familiares portan o cadaleito baleiro ou en ocasións incluso coa persoa dentro.
  • Se o que vos apetece é unha romaría nun dos mellores escenarios naturais da Galiza, recomendamos a de Santo André de Teixido, o 8 setembro. Iso si, recordade que a tradición indica que non se pode facer mal a ningún animal durante o camiño xa que se cre que todos eles son almas que tamén van facer unha visita ao santiño milagreiro.

imaxe

Deixar unha resposta