Etnografía
Desenvolvemos proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto.
Exemplos de proxectos:
A Memoria das Mulleres
Actividades relacionadas coa sección de Traballadoras, documentando a través do traballo de campo as historias das traballadoras do mar, da terra, do ámbito urbano e tamén das súas loitas.
Inventariado e posta en valor do patrimonio da RBTGX
Servizo para o estudo, análise, diagnostico, posta en valor e divulgación do PCI da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
Arrolos de Rianxo
Recollida de arrolos no Concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas.
Ver máis traballos premendo aquí.
Xestión cultural
Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos.
Exemplos de proxectos:
Feira Come Ourense
Feira mensual e itinerante para a promoción dos produtos locais de alimentación.
Paseos literarios e culturais
Deseño e guía de diversos paseos literarios e culturais para o Concello de Santiago.
Exposición Irmandades da Fala
Deseño da exposición sobre o centenario das Irmandades da Fala.
Ver máis traballos premendo aquí.
Comunicación e produción de contidos
Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións. Por outro lado, como parte do noso compromiso coa lingua galega, contribuímos á divulgación de contidos non accesibles en galego a través dun servizo de tradución e corrección.
Exemplos de proxectos:
Festival Rosalía
Deseño gráfico e a comunicación do Festival Rosalía da Deputación da Coruña.
Concello de Teo, Cidade Amiga da Infancia
Actividades de formación e asesoramento no Concello de Teo para obter o selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF.
Rede Scórpio
Comemoração do 30 aniversário da primeira publicação de ‘Scórpio’ (1987
Ver máis traballos premendo aquí.