De xaneiro a maio de 2023 vai ter lugar o foro de coñecemento ‘A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’, organizado pola Deputación da Coruña e a Rede da GaliLusofonia, e que contempla palestras, visitas guiadas, teatro e música en ambas as cidades. Pola parte galega cóntase coa colaboración da EOI de Santiago de Compostela e de aRit[t]mar galiza portugal, e pola parte portuguesa co Centro de Estudos Galegos e a Casa do Conhecimento da Universidade do Minho e com as Convergências Portugal Galiza.

MAOS tivo a sorte de ser seleccionada pola Deputación da Coruña para levar o comisariado deste foro, o cal se converte no noso primeiro proxecto transfronteirizo. Oxalá sexa o primeiro de moitos!

2 thoughts to “Comisariado do foro ‘A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’

  • Rosa Ermida

    Bo día. Tres personas estamos interesadas en asistir ás palestras do 18 de febreiro en Braga. Por favor, onde podemos inscribirnos? Graciñas. Rosa

    Responder

Deixar unha resposta