Como reunirse e non morrer no intento I

En MaOs reunímonos moito: entre nós, con outras cooperativas, clientela… e incluso fóra do traballo seguímonos a reunir, nas asociacións ás que pertencemos ou coas amizades para organizar calquera acción colectiva. Na base de todos eses encontros adoita estar a vontade de escoitar e que te escoiten mais a nosa experiencia di que non sempre […]

Read more
Recursos para unha linguaxe non sexista

O coidado no uso do idioma é un dos elementos principais que en MaOs temos en conta á hora de elaborar as nosas propostas, desenvolver proxectos, crear contidos ou mesmo ao publicar nas redes ou na nosa web. Mais o idioma non é apenas unha gramática ou unha ortografía, é tamén unha escolla e unha actitude. […]

Read more
De conversa coas traballadoras da Pontesa

Durante case catro décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, en Ponte Sampaio, unha das máis modernas e avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. Desde crear as pezas de cerámica até decoralas, vernizalas ou empaquetalas, mozos e […]

Read more
Patrimonio e participación

Son moitas as iniciativas que están a traballar no ámbito do patrimonio en Galiza e moitas as que buscan novas formas de comunicación coa poboación á procura dunha maior conxunción entre o patrimonio e as persoas que o habitan ou gozan. A poboación e a participación convértense no eixo central destas iniciativas e á investigación […]

Read more
Recursos lingüísticos online para o galego

Inauguramos novo deseño web e para celebralo lanzamos dúas novas páxinas na sección recursos: Recursos para o galego ILG-RAG. Compilación de recursos lingüísticos dispoñíbeis en liña para traballar co galego normativo oficial. Recursos para o galego-português. Compilação de recursos linguísticos disponíveis on line para trabalhar com o galego nas suas normativas padrão internacional ou AGAL. […]

Read more
As festas do verán tamén son patrimonio

Aínda queda verán por diante e festas estivais por celebrar e descubrir. Para todas as que teñades suficiente de festexos gastronómicos, presentámosvos una mini-lista de festas cun pouso patrimonial e etnográfico que están por chegar. Collede axenda e mapa! O agro galego rexeuse durante moitos anos pola forza do traballo comunitario. A malla foi unha […]

Read more
É ecolóxica esta mazá? Trucos para identificar produtos eco

Podemos encontrar produtos ecolóxicos en mercados locais de Brión ou Tui, mais tamén en moitas prazas de Nova Iorque, Portugal adiante, na Ille France ou en Londres, na Italia ou en Ottawa, etc.. Non todos eses mercados son 100% de produtos eco, nin todos os produtos eco está certificados cun selo estilo CRAEGA, e talvez ese […]

Read more
7 músicas portuguesas para gustos diversos e dispersos

Agora que chega o verán, queremos agasallarvos desde MaOs cunha lista fresca de música que se está a facer en Portugal. Non segue unha orde xerárquica nin pretende ser exhaustiva, só amosar algunhas propostas interesantes para que cadaquén escolla a que máis lle guste ou mesmo se anime a ir aos festivais que están por […]

Read more
(coñece) OutroPorto

Este verán queres (re)visitar o Porto? Nesta lista (incompleta, talvez inxusta e moi subxectiva) dámosche 10 pistas e espazos que non sempre entran nas guías…. A Casa da Horta é unha asociación cultural onde dan comida vexetariana, hai unha pequena tenda con produtos ecolóxicos, unha minibiblioteca, organizan concertos, oficinas (obradoiros), exposicións, etc. É só para persoas socias, […]

Read more
De conversa coas costureiras de Lérez

O xoves 26 de xuño coorganizamos con Comba Campoy un encontro/conversa coas costureiras de Lérez dentro do progama de A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra. Ao redor dunha merenda, as traballadoras dos fíos da parroquia de Lérez traerannos a memoria do seu oficio: a aprendizaxe nos talleres, a costura polas casas e nos fogares, os refráns, […]

Read more